CIG-ENSINO (Acción sindical)

As delegadas e delegados do Consorcio de servizos de Igualdade e Benestar, pechados hoxe, 28 de abril, desde as 11:30 até que as 13:00 horas, foron desaloxados pola policía por orde do Xerente do Consorcio.

Este peche é debido a que desde hai tres meses a Xerencia do Consorcio está a adiar unha xuntanza de negociación á cal se comprometeu.

Cómpre lembrar que está sen aplicar o convenio, paralizadas as oposicións e por enriba veñen de facerse declaracións nas que se pon en dúbida a continuidade do propio ente público.

Neste marco, a administración négase a recibir, informar e negociar cos traballadores e traballadoras, cunha actitude desprezativa e insensíbel co colectivo de empregados/as, máis tamén co conxunto dos usuarios destes servizos esenciais para o benestar do noso País.

O xeito irresponsábel e totalitario de actuar na xestión destes servizos só se pode entender desde a óptica privatizadora que están a aplicar para sacar beneficio destas actividades, tratando o persoal como mercadoría e non como traballadores e traballadoras con dereitos.

# vimeo.com/11295715 Uploaded 154 Plays 0 Comments

CIG-ENSINO (Acción sindical)

cig-ensino

Rúa Miguel Ferro Caaveiro, nº 10
15706 - Santiago de Compostela
Tlf. 981169810 - Fax 981575839
galiza@cig-ensino.com

Browse This Channel

Shout Box

Heads up: the shoutbox will be retiring soon. It’s tired of working, and can’t wait to relax. You can still send a message to the channel owner, though!

Channels are a simple, beautiful way to showcase and watch videos. Browse more Channels.