Os Sete Magníficos Máis Un

  1. Sketch de Promo de Concerto Magnífico, Brandariz e Rei

    # vimeo.com/163224260 Uploaded 236 Plays 0 Comments
  2. # vimeo.com/97211921 Uploaded 55 Plays 0 Comments
  3. Fran Rei e Pedro Brandariz (Os Sete Magníficos máis Un) no programa Luar da TVG o venres 12 de xullo de 2013.

    # vimeo.com/76130953 Uploaded 47 Plays 0 Comments
  4. Fran Rei e Pedro Brandariz (Os Sete Magníficos máis Un) no programa Luar da TVG o venres 14 de xuño de 2013.

    # vimeo.com/76128414 Uploaded 9 Plays 0 Comments
  5. Fran Rei e Pedro Brandariz (Os Sete Magníficos máis Un) no programa Luar (TVG) celebrando o Día das Letras Galegas 2013.

    # vimeo.com/76127462 Uploaded 82 Plays 0 Comments

Os Sete Magníficos Máis Un

Culturactiva Plus

ossetemagnificosmaisun.wordpress.com/

Os 7 Magníficos máis Un somos unha compañía galega de clown que se creou ano 2001, a partir dunha serie de cursos de iniciación e perfeccionamento de clown impartidos pola compañía Good Idea Company e promovidos…


+ More

ossetemagnificosmaisun.wordpress.com/

Os 7 Magníficos máis Un somos unha compañía galega de clown que se creou ano 2001, a partir dunha serie de cursos de iniciación e perfeccionamento de clown impartidos pola compañía Good Idea Company e promovidos e organizados polo Festival Internacional de Clown de Galicia (Festiclown), dirixido por Iván Prado.


Formada por xoves actores e actrices galegos e galegas, procedentes de diversos medios: teatro afeccionado e universitario, televisión, cabaré, … esta banda de piratas do nariz vermello formámonos na arte do clown e o bufón baixo a imprescindible tutela do Festiclown en cursos e talleres con algúns dos mestres máis prestixiosos a nivel internacional, entre os que cabe destacar a Leo Bassi, Eric de Bont, Jango Edwards ou Carlo Colombaioni.

antón coucheiro “cou” e josé losada

No noso primeiro ano de vida artística, estreamos no mes de xuño a producción Cousas de Mulleres (2001)no Teatro Principal de Pontevedra. Espectáculo de creación propia, baseado principalmente na improvisación e na actitude de risco, está dirixido pola compañía Good Idea Company e Iván Prado (director artístico da compañía desde a súa fundación). Con esta primeira producción inauguramos a edición 2001 do Festiclown, tras percorrer as principais cidades galegas co obxectivo de presentar o festival. Posteriormente converteuse no noso primeiro espectáculo profesional que xirou por Galicia.

marián bañobre e isabel risco

No mes de agosto de 2001, Os 7 Magníficos + 1 estreamos nas Festas de A Peregrina de Pontevedra o noso segundo espectáculo (e primeiro de rúa): U-la Praia? (2001). De novo unha producción de creación propia, dirixida por Iván Prado, e tamén asentada sobre as ferramentas máis características da compañía, é dicir, a improvisación, a actitude de risco, a sinceridade, a humildade e, sobre todo, a dignidade clown. Así, desafiando á chuvia e ao frío, presentamos este espectáculo en diversas rúas e prazas, tanto galegas como do resto do Estado.

Nese mesmo ano, concretamente o 15 de agosto, estreamos en Bandeira (Pontevedra) As Cincentas Desclowntroladas (2001), producción dirixida de novo pola compañía Good Idea Company e Iván Prado. Este espectáculo de carácter feminista e transgresor acumulou no seu currículo con máis de 30 representacións.

En xullo de 2002, Os 7 Magníficos + 1 estreamos no Fórum Metropolitano de A Coruña Manicomio só para Clowns (2002), creada e dirixida polo prestixioso pallaso italiano Carlo Colombaioni, para moit@s o mellor clown do mundo. Con este espectáculo, verdadeiro punto de inflexión na nosa carreira, visitamos varias cidades galegas no marco da Xira de Presentación do Festiclown 2002 e foi representada na Gala de Peche desta edición do festival.

No mes de abril de 2003, dentro da Festa da Primavera de Lugo, estreamos O Gordo e o Calvo (2003), dirixido por Iván Prado, tamén a partir do traballo da compañía co mestre Carlo Colombaioni. Este espectáculo consolidouse o máis popular da compañía, sumando máis de 50 representacións ata o momento, tanto na súa versión para público infantil como para público xeral.

isaac rodríguez e isabel risco

Continuando coa liña artística aberta no ano 2002 de recuperación e actualización de números clásicos de pallaso de circo, e tras tres anos sen montaxe nova, Os 7 Magníficos máis Un estrean en febreiro de 2006, na vila coruñesa de Boiro, o seu espectáculo, A Cadeira Voadora (2006), dirixido por Iván Prado. Trátase da producción máis ambiciosa da compañía ata o momento, na cal, ademais dos elementos clown habituais, incorpóranse outras técnicas circenses, como malabares, acrobacias e maxia.

Neste mesmo ano, Os Sete Magníficos máis Un estrean a súa segunda producción de rúa, Policías Tolos (2006), un espectáculo itinerante de pequeno formato dirixido por Iván Prado e que mistura teatro de provocación e clown.

fran rei e pedro brandariz

Empezamos o ano 2007 presentando, o 17 de xaneiro, na sala Clavicémbalo de Lugo, o espectáculo dirixido por Iván Prado O Gordo e o Calvo Van ao Médico (2007), unha nova producción clown sobre o mundo da mediciña. Trátase dunha coproducción da Rede Estela de Festivais, cunha versión para o Estado, La Salud es lo Primero, coa que visitamos diversas programacións, como a Fira Mágica de Santa Susanna (Barcelona), o Festival Magiclown de Sant Josep (Ibiza), o Festival Risactiva de Haría (Lanzarote), o Festival Internacional de Clown de Madrid ou a programación Viernes Canallas de Valdemoro (Madrid).

E rematamos o ano con outra estrea, neste caso en Barbadás (Ourense), co primeiro espectáculo de Os Sete Magníficos máis Un orientado específicamente a público infantil, Dous Pallasos en Apuros (2007). Partindo de novo do traballo realizado co grande mestre italiano do clown Carlo Colombaioni, e dirixidos unha vez máis por Iván Prado, recuperamos tres números de pallaso de circo clásico para artellar unha producción de humor sinxelo, directo e con infinidade de referencias ao mundo dos nenos e nenas.

Despois de máis de dous anos sen nova producción, Os Sete Magníficos máis Un estrean en outubro de 2010 Mañá Será Outro Día (2010) dentro da programación teatral do Festival das Artes pola Diversidade Terr@ctiva (Arzúa). Escrito e dirixido por Mario Tomás, con este título, a compañía apártase por primeira vez do clown para presentar un espectáculo de teatro infantil de temática medioambiental no que destaca a combinación de actores e monicreques.

No ano 2011 Os Sete Magníficos máis Un, compañía oficial do Festival Internacional de Clown de Galicia, celebran o seu X Aniversario (2001 – 2011) como compañía profesional. Dez anos de traxectoria estábel e dez espectáculos producidos que a colocan como a compañía de clown máis popular de Galicia e unha das de maior proxección no Estado.

Tamén en 2011 chega un novo espectáculo: Dous Pallasos en Máis Apuros (2011), estreado no Teatro Principal da Estrada no mes de decembro. Creado pola compañía en colaboración co dramaturgo e director arxentino Walter Velázquez e dirixido por Iván Prado, a compañía volve apostar pola recuperación e actualización de gags do pallaso tradicional. Un espectáculo para público infantil e familiar no que a parella de clowns Pedro Brandariz e Fran Rei recrean números cómicos a través das ferramentas habituais de Os Sete Magníficos máis Un: a improvisación, a actitude de risco, a sinceridade do pallaso, a humildade do comediante e, sobre todo, a dignidade clown para saír das situacións máis complicadas.

Ao longo destes dez anos de traxectoria, Os 7 Magníficos + 1 presentamos os nosos espectáculos nalgúns dos máis prestixiosos festivais de teatro da península, como o Festival de Pallasos de Andorra, o Festival Internacional de Clown de Madrid e o Festival Internacional de Teatro Fazer a Festa de Porto (Portugal), no ano 2003, o Festival Cómico de Maia (Portugal) nas edicións do 2003 e o Festival de Teatre de Tardor de Poble Nou (Barcelona) no ano 2004, o Festival Mundiclown de Segovia e a Fira Mágica de Santa Susanna (Barcelona) no ano 2005 e 2007 e o Festival Magiclown de Sant Josep (Ibiza) e o Festival Magiclown Magic de Santa Susanna (Barcelona), a programación Viernes Canallas de Valdemoro (Madrid), o Festival Risactiva de Haría (Lanzarote) e, sobre todo, o Festival Interacional de Clown de Madrid en dúas ocasións, edicións 2005 e 2008.

Igualmente, temos participado en multitude de programacións e eventos en Galicia, como a Mostra de Teatro de Cee (A Coruña), Fest@ctiva (Pontevedra, Santiago de Compostela) e o Festival Terr@ctiva de Arzúa (A Coruña).

iván prado e un neno palestino

Paralelamente á nosa carreira profesional, Os 7 Magníficos + 1, contamos cun extenso currículo no eido social e solidario. Así, participamos, entre outras, na Caravana de Pallasos pola Paz en Palestina, en agosto 2002, organizada pola ONG Payasos Sin Fronteras e financiada polo Festiclown, e en abril de 2009, organizada e financiada neste caso íntegramente polo Festival Internacional de Clown de Galicia. Igualmente, temos participado nas Caravanas de Pallasos por diversas comunidades indíxenas de Chiapas (México), organizadas regularmente polo Festiclown desde 2003 ata a actualidade, coas que estamos a crear unha escola de circo e unha compañía de pallasos indíxena naquelas terras mexicanas.

Igualmente, Os Sete Magníficos máis Un colaboran continua e estreitamente coa organización de cooperación internacional Pallasos en Rebeldía desde a súa creación. Deste traballo en conxunto hai que destacar a organización do I Festival Festiclown Palestina, que se levou a cabo nas cidades de Nablus, Ramallah e Xerusalen en setembro de 2011.

Browse This Channel

Shout Box

Heads up: the shoutbox will be retiring soon. It’s tired of working, and can’t wait to relax. You can still send a message to the channel owner, though!

Channels are a simple, beautiful way to showcase and watch videos. Browse more Channels.