Videoteca Olloboi

Olloboi 2015 - Premio Zamburrioi

CEE de Vilagarcía de Arousa

Créditos:
Curtametraxe de animación elaborada polo alumnado do CEE de Vilagarcía de Arousa no ano 2014 coa técnica StopMotion, e baseada no conto "Señor Ramón e Señora Ramona" da Editorial OQO.
A música é orixinal e propiedade do noso compañeiro Iván Vale, que foi o encargado de compoñer a música e adaptar o texto.
A canción está interpretada polas mestras participantes na curtametraxe.

A elaboración da curtametraxe foi un traballo totalmente en equipo e tendo sempre en conta os intereses e, sobre todo, as posibilidades dos nosos alumnos.
Como a maior parte do noso alumnado non ten linguaxe oral fixemos a adaptación da curta na lingua de signos, esta vez realizada intergamente por un alumno do centro, facendo así tamén un chamamento á necesidade de facer un audiovisual accesible para todos.

AUTORES
Alumnado;
Amal Khedar
José Iván García
José Manuel Ruibal
Juan Manuel Sánchez
Alejandro Moldes
Basilio Brey
Marta Fernández
David González
David Ferreiro
Enrique Garrido
Elizabet Yeneneh

Profesorado;
Alba Paredes
Lourdes Carnero
Rosa Gato
Irene Buján

Música;
Iván Vale
Voces; as mestras.

# vimeo.com/149326899 Uploaded 58 Plays 0 Comments

Videoteca Olloboi

Olloboi

Traballos finalistas e gañadores das distintas edicións do Festival Olloboi e outros vídeos relacionados co festival.

Browse This Channel

Shout Box

Heads up: the shoutbox will be retiring soon. It’s tired of working, and can’t wait to relax. You can still send a message to the channel owner, though!

Channels are a simple, beautiful way to showcase and watch videos. Browse more Channels.