Videoteca Olloboi

Premio Olloboi Peleón 2016.

IES de Arzúa - Arzúa

Neste proxecto audiovisual colectivo elaborado por diferentes mulleres ligadas á comunidade educativa arzuá, alumnas e exalumnas do IES de Arzúa empregan con toda a súa forza violeta a lírica audiovisual e a denuncia real para neutralizar as diferentes desigualdades que aínda existen no mercado laboral entre homes e mulleres. Videopoemas de protesta intimistas e retranqueiros e créditos extraídos de xornais e documentos científicos com datos e cifras relevantes profundizan, ademais, con motivo da data do oito de marzo ( Día internacional da muller) nas cuestións que nos afectan e nos condicionan actualmente como mulleres: a precariedade, a pobreza, a falta de autoestima, a fenda salarial, o teito de cristal, a violencia de xénero e a dependencia económica, a dictadura da moda e da beleza e a cousificación dos nosos corpos. CRÉDITOS: MONTAXE E EDICIÓN: Mj Pérez AUTORAS DOS VIDEOPEMAS POR ORDE DE APARICIÓN: Iria Carreira e María Aguión VOZ EN OFF DOS VIDEOPOEMAS: María Aguión PROTAGONISTAS DOS VIDEOPOEMAS POR ORDE DE APARICIÓN: Andrea Barbós, Joaquín Pereira e María Aguión PROTAGONISTA DOS CRÉDITOS: Antía G. Ríos EQUIPO ARTÍSTICO E TÉCNICO: Andrea Barbos, Aldara Ces, Antía G. Ríos, Iria Fariña, Maca Igrejas, Laura Tedín, Marta Rivadulla, Alicia Villar, Paula R. Parrado, Alejandra Pampín e Sara M. Rey. COORDENACIÓN DO PROXECTO: Sabela Fernández

# vimeo.com/181372930 Uploaded 23 Plays 0 Comments

Videoteca Olloboi

Olloboi

Traballos finalistas e gañadores das distintas edicións do Festival Olloboi e outros vídeos relacionados co festival.

Browse This Channel

Shout Box

Heads up: the shoutbox will be retiring soon. It’s tired of working, and can’t wait to relax. You can still send a message to the channel owner, though!

Channels are a simple, beautiful way to showcase and watch videos. Browse more Channels.