Videoteca Olloboi

Premio Olloboi Animado 2016.

CEIP da Torre-Illa - Illa de Arousa (A)

DESCRICIÓN: Curta de animación stop motion realizada polos nenos e nenas de 1ºA e os mestres do CEIP Torre-Illa da Illa de Arousa. Baseada no conto "Quen levou a Lúa" de Mario Catelli & Madalena Matoso da Editorial OQO. Partindo desta historia realizouse unha adaptación, ambientando a escena na Ría da Arousa e convertindo os protagonistas en mexillóns. Esta curta realizouse no marco do proxecto "Ti es creador" 2014-15, edición na que resultou gañadora do concurso homónimo. Tamén recibíu o 2º premio no OUFF 2015 de Ourense da súa categoría. SINOPSE: Xulián, o mexillón mais pequeno da batea da Illa, quere cantar como os mexillóns grandes; unha noite de lúa chea sube a superficie e aspira tan forte que a lúa se desprende do ceo… CREDITOS: Realizada polas nenas e nenos de 1ºA (este ano de 2º) do CEIP Torre Illa coa axuda dos mestres: Carlos Abraira Jacobo Aragunde María Cacheda Fátima Crespo Música e montaxe: Carlos Abraira

# vimeo.com/181374262 Uploaded 29 Plays 0 Comments

Videoteca Olloboi

Olloboi

Traballos finalistas e gañadores das distintas edicións do Festival Olloboi e outros vídeos relacionados co festival.

Browse This Channel

Shout Box

Heads up: the shoutbox will be retiring soon. It’s tired of working, and can’t wait to relax. You can still send a message to the channel owner, though!

Channels are a simple, beautiful way to showcase and watch videos. Browse more Channels.