Culturactiva Plus

Joined

User Stats

Profile Images

User Bio

Culturactiva SCG é moito máis que unha empresa de xestión cultural.

Cooperativa que comezou a súa andaina alá polo ano 2001 é na actualidade a distribuidora líder en Galicia de teatro cómico e de rúa, pero tamén distribuidora musical, proveedora de servizos de produción, imaxe, comunicación e un abano de propostas artísticas do máis completo e profesional de Galicia.

A risa como motor vital
Iván Prado (Lugo, 1974), xunto con varias persoas do eido da cultura e do teatro é o iniciador desta andaina. Actor e director do Festiclown, entre outros festivais, formouse cos mellores mestres: Carlo Colombaioni, Leo Bassi, Philippe Gaulier, Jango Edwards... El, e Fran Rei, e Isabel Martínez-Risco e Pedro Brandariz, entre outros, compoñen os Sete Magníficos máis Un.

Esta foi a primeira compañía estable de clown en Galicia. Grazas a distribuir aos Sete Magníficos, Culturactiva SCG comezou co seu labor de oficina de venda teatral á hora de confeccionar programacións culturais para concellos, entidades bancarias, asociacións veciñais, institucións públicas, festivais de teatro... ao tempo que desde os seus inicios se convertiu en lanzadeira de ideas, proxectos, programacións e festivais co humor e a risa como nexo de unión.

Así, o Festiclown, Festival Internacional de Clown de Galicia, o Magiclown, festival de maxia e clown en Sant Josep de sa Talaia, (Eivissa) ou a meirande feira ecolóxica de Galicia, o Terractiva (Arzúa) son só algunhas das programacións que pon en marcha esta empresa galega e que contan con formación e actuacións de nomes tan destacados de fama mundial coma os que mencionamos anteriormente.

Apartado social
A solvencia de Coperactiva Cultural – Culturactiva SCG está avalada polo éxito das súas propostas. Máis de medio millón de persoas pasaron polas actuacións do Festiclown nos seus doce anos de historia e o seu paso por diferentes cidades do país.

O carácter lúdico e riseiro das actividades promovidas por esta empresa toca tamén de cerca a sociedade. Entendida a risa como linguaxe universal entre os pobos, diversos proxectos, canalizados a través de Pallasos en Rebeldía, están agora en marcha para con eles achegar solidariedade a través do humor e o teatro. O Festiclown Palestina ou as caravanas solidarias a Chiapas (México) son algúns dos máis importantes cos que colabora Coperactiva Cultural – Culturactiva SCG.

Medrando
A versatilidade con que Culturactiva SCG confecciona programacións culturais para todos os gustos e petos, a distribución en exclusiva de artistas internacionais como Leo Bassi en Galicia, ser os representantes de grupo musicais incribles como os cataláns La Troba Kung-Fu ou Txarango no noso país, traer espectáculos coma os de Yllana ou Pez en Raya xunto co grande abano de artistas galegos de calidade, como Talabarte, O Sonoro Maxín ou A Magnifique Band dos Homes sen Medo a nivel musical son os puntos fortes que permiten que Cultur@ctiva siga a ser un referente en Galicia.

External Links

Following

  1. merlo branco producións
  2. Pallasos en Rebeldía
  3. Ricardo Arce
  4. BONECA LARETA
  5. Olimpia de Gouges
  6. Revista OINK
  7. agalip
  8. Marta Verde
  9. Josuke
  10. Rafael Pereira
  11. Maria Niro
  12. Xavier Chassaing
  13. Carlo Pico
  14. crebinsky
  15. Guadalupe Ruiz Sanabria
  16. raquel rei
  17. paulo pinto
  18. miguel rodrigues

+ See all 152