FestiVal das Brétemas

Joined
Ponteareas

User Stats

Profile Images

User Bio

FestiVal das Brétemas é unha asociación cultural integrada por mozas e mozos do Concello de Ponteareas (Pontevedra). Comeza a súa andaina na primavera de 2012 froito da falta de actividades culturais e de ocio da nosa comarca.Dende o seu nacemento, apostou claramente pola defensa, apoio e difusión da cultura, música e lingua galega así como o compromiso de dar cabida ás expresións máis ignoradas polos intereses alleos á cultura popular.
A asociación do festival está conformada como un colectivo, aberto a toda proposta de persoas ou asociacións sempre que se atopen desvinculadas de actitudes ou valores sexistas, xenófobos, racistas, relixiosos ou que non respeten ás persoas ou ao medioambiente.
O noso colectivo promove eventos durante todo o ano en diversos rexístros e formatos: música, cinema, literatura, obradoiros, actividades para nenas e nenos e como non, festa, moita festa ate chegar ao mes máis festivaleiro do ano, o bretemoso mes de Setembro, no que concentramos todas as nosas enerxías en organizar un festival onde participan grupos musicais maioritariamente galegos cunha clara vontade reivindicativa.
Dado que somos unha asociación sen ánimo de lucro e sen ningún apoio económico institucional precisamos da solidariedade da xente do noso entorno para poder autofinanciarnos e lograr os nosos obxetivos.

External Links

Following

  1. MPAGDP
  2. Javi Kano
  3. Alex Rodrigo
  4. G̴̭͈̙̝a̴͕̩͓̩e̾̆l̷
  5. Senén
  6. rachacapana