1. Algunhas algas microscópicas consumen enerxía para producir bioluminisciencia. No vídeo explícase a ventaxa adaptativa que este gasto enerxético supón para estes microorganismos.
    As algas "Noctiluca scintillans" son depredadas por outros compoñentes do zooplancton de corpo transparente, os copépodos, que ao inxerir noctilucas vólvense tamén brillantes. De esta maneira, os copépodos vólvense moi chamativos e os seus propios depredadores (larvas de peixes) distínguenos máis doadamente. Desta forma, as noctilucas fixeron dous seus depredadores unhas alarmas para atraer axuda.
    Este vídeo, presentado en HD 720p, foi creado para uso gratuito como material didáctico. Esta versión foi producida en galego co apoio da Xunta de Galicia.

    # vimeo.com/41181644 Uploaded
  2. É indubidable que o incremento do tráfico marítimo internacional favoreceu o desenvolvemento económico a nivel global. Non obstante, este incremento no fluxo de mercadorías polos mares do mundo tamén está a supoñer un incremento no risco de que se produzan verteduras accidentais de substancias nocivas e perigosas para o medioambiente. Por outra banda, a nosa sociedade tamén percibe cada vez máis axeitado conservar determinados ecosistemas mariños polas vantaxes que iso leva consigo. As vantaxes dos ecosistemas mariños ben conservados son moitas. Non obstante, a nosa sociedade segue dividida no conflito derivado desa dualidade de preferencias: desenvolvemento económico versus conservación ambiental.
    No proxecto Arcopol non pretendemos posicionar ó espectador a favor de ningunha destas alternativas vitais. Unicamente pretendemos poñer o problema sobre a mesa, achegando unha solución intermedia viable: o desenvolvemento de plans de continxencia que permitan minimizar no posible calquera problema derivado dunha posible vertedura.
    Este vídeo conta co apoio da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, para a producción de contidos audiovisuais docentes en galego (anl.uvigo.es).
    arcopol.eu/
    divulgare.net

    # vimeo.com/107616476 Uploaded
  3. Mediante este video de animación 3D o Laboratorio de Ecoloxía e Evolución de plantas e o Grupo Divulgare da Universidade de Vigo pretenden mostrar o papel, descoñecido para o gran público, dos lagartos coma modeladores da paisaxe vexetal nos ecosistemas insulares. Estes réptiles modifican a súa dieta en ambientes insulares incorporando moitos froitos carnosos. Ao inxerir estes froitos, dispersan as súas sementes cun resultado fantástico para as plantas. O vídeo mostra os resultados dun proxecto de investigación que o laboratorio de Ecoloxía e Evolución de plantas da Universidade de Vigo realizou no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (España) con financiación do Organismo Autónomo de Parques Nacionais.

    Este vídeo, que se presenta en HD 720p, foi creado para a súa utilización libre como material docente. Na medida do posible, o grupo Divulgare continuará añadindo máis vídeos similares.

    # vimeo.com/14057259 Uploaded
  4. Nesta animación amósanse as consecuencias da invasión biolóxica do visón americano (Mustela vison) en zoas nas que vivía previamente o visón europeo (Mustela lutreola). Esta especie invasora compite polos recursos coas especies nativas. É máis agresiva, porta virus letais para as especies europeas nativas, etc. Así, os visóns americanos, cando colonizan outros ecosistemas, afectan de forma negativa á biodiversidade dos ecosistemas invadidos. Os efectos destas invasións por organismos exóticos poden ser tan importantes que a recuperación do ecosistema, en caso de ser acometida, supón un custo económico enorme. Por esta razón é máis doado evitar as invasións.
    Este vídeo foi creado para a sua utilización libre como material docente. Esta versión foi producida en galego co apoio da Xunta de Galicia.

    # vimeo.com/41408605 Uploaded
  5. Cando ten lugar unha vertedura no mar, a rapidez na resposta é determinante. A destreza e a organización dos equipos de resposta, son fundamentais para o seu éxito.
    O plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental de Galicia (plan Camgal) contempla numerosos protocolos e implica a distintos grupos de actuación para facer fronte aos casos de verteduras accidentais que teñan lugar nas nosas costas.
    É fundamental que todos eles estean suficientemente testados en situacións simuladas para que, ao chegar o momento de afrontar os casos reais, a resposta sexa áxil e efectiva.
    Neste vídeo faise un repaso dos diferentes tipos de exercicios que se adoitan realizar no marco do plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental de Galicia e ilústrase cun caso práctico.
    Este vídeo conta co apoio da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, para a producción de contidos audiovisuais docentes en galego.

    arcopol.eu/
    divulgare.net
    anl.uvigo.es/
    ww3.intecmar.org/plancamgal/

    # vimeo.com/100332577 Uploaded

Ciencia en galego

Divulgare Plus

Ciencia en galego.

Browse This Channel

Shout Box

Heads up: the shoutbox will be retiring soon. It’s tired of working, and can’t wait to relax. You can still send a message to the channel owner, though!

Channels are a simple, beautiful way to showcase and watch videos. Browse more Channels.